O ILG convoca para o ano 2026 dúas axudas para a realización de estadías no seu centro por parte de PDI visitante pertencente a calquera universidade ou institución de Educación Superior de fóra de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes esténdese desde o 25 de febreiro ata o 24 de marzo.
News
-
Convocatoria de dúas axudas para estadías no ILG
03/24/26 -
O Proxecto Nós impulsa en Santiago de Compostela o gran polo atlántico de Tecnoloxías da Linguaxe e IA con Portugal
03/13/26A USC acolleu o II Encontro Luso-Galaico de Procesamento da Linguaxe Natural (PLN), liderado polo Proxecto Nós, unha iniciativa conxunta da Xunta de Galicia e da USC a través do CiTIUS e do ILG. Tras o éxito da primeira edición, que tivo lugar no Porto en xuño de 2024, este segundo encontro consolídase como un espazo fundamental para o fortalecemento das relacións de cooperación en intelixencia artificial aplicada á lingua entre Galicia e Portugal.
-
Conferencia de Carsten Sinner sobre o galego e o castelán de Uruguai
03/03/26O ILG acollerá o vindeiro 3 de marzo, ás 11:00 horas, a conferencia “O contacto entre galego e castelán en Uruguai. Análises sobre o corpus PRESEEA de Montevideo”, impartida por Carsten Sinner, catedrático de Lingüística e Translatoloxía das Linguas Iberrománicas na Universidade de Leipzig e director do Centro de Estudos Galegos desta institución.
-
'Visita e café' con Carlos Cernadas Carrera
02/26/26O ILG acollerá o xoves 26 de febreiro, ás 11:00 h, un novo encontro de Visita e café co profesor Carlos Cernadas Carrera, da Universidade Federal do Pará (UFPA). Esta iniciativa está pensada para que os investigadores e investigadoras visitantes compartan co persoal do centro as súas liñas de investigación e fortalecer deste xeito as redes persoais e académicas.
-
O Proxecto Nós participa no programa 'Modo Galego, actívao!'
02/24/26O Proxecto Nós, desenvolto polo ILG e o CiTIUS da USC, sumouse á iniciativa Modo Galego, actívao!, un programa de inmersión lingüística promovido pola Real Academia Galega e o Concello de Ames, que lle propón ao alumnado do Concello distintos retos diarios ou semanais ao longo de varios meses para fomentar o uso do galego.
-
Seminario de Eva Moreda sobre paisaxes históricas sonoras na Galicia do XIX
02/12/26O grupo FILGA da Universidade de Santiago de Compostela organiza o seminario Paisaxes históricas sonoras na Galicia do XIX: entre música, Estudos sonoros e literatura, impartido por Eva Moreda Rodríguez, da University of Glasgow. O evento vai ter lugar o xoves 12 de febreiro, ás 13 h, na sala B15 da Facultade de Filoloxía da USC.
-
Aberto o prazo para matricularse no mestrado EMLex ata o 2 de febreiro
02/02/26O período para matricularse e solicitar unha das 20 bolsas para o Mestrado Europeo de Lexicografía (EMLex) encóntrase aberto ata o 2 de febreiro. O EMLex é un mestrado de carácter interuniversitario coordinado pola investigadora do Instituto da Lingua Galega María José Domínguez Vázquez. O ILG é un dos centros en que o alumnado participante pode realizar as súas prácticas.
-
Investigadoras do ILG participan na 'III Xornada Con-Ciencia' cos centros de secundaria
01/22/26As investigadoras do ILG María Álvarez de la Granja, Marta Negro Romero e Reyes Rodríguez Rodríguez participaron o 22 de xaneiro na Facultade de Filoloxía na III Xornada Experiencias Con-Ciencia, que ten por obxectivo fomentar o interese na ciencia e na investigación desenvolvida na Facultade de Filoloxía entre os estudantes de 4.º da ESO e 1.º de bacharelato dos centros de ensino secundario.
-
Seminario de formación. Las publicaciones académicas en lingüística: una introducción paso a paso
01/21/26Josep Ausensi, da Universitat Rovira i Virgili, impartirá o 21 de xaneiro o seminario en liña Las publicaciones académicas en lingüística: una introducción paso a paso. Ausensi ofrecerá unha guía clara e práctica sobre o proceso de publicación académica no ámbito da lingüística.
-
Conferencia de Francisco Fernández Rei sobre o ALGa no Ateneo de Santiago
01/19/26O Ateneo de Santiago acolle a conferencia de Francisco Fernández Rei “O Atlas Lingüístico Galego, 50 anos despois” o luns 19, ás 19:30 h, na sede da institución. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.




