Investigadores do ILG no X Congreso da SIDG

Os investigadores do ILG Francisco Dubert e Xulio Sousa participan no X Congress of the International Society for Dialectology and Geolinguistics, que ten lugar do 4 ao 8 de setembro en Bucarest (Romanía). Dubert presentará o martes a comunicación "Fixeno, fono. More data on the linguistic convergence between Galician and Asturianleonese within the linguistic area of Gallaecia Magna" e Sousa falará o luns sobre "Dialectología y diacronía: la alternancia entre /L/ y /ɾ/ en el grupo de muda con líquida en gallego".
Ademais, durante o congreso terá lugar a reunión anual do Atlas Linguarum Europae, que contará coa presenza de Manuel González González.