LingüisticaMente II: diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística

Data: 
Wednesday, September 28, 2022 - 11:30
Imaxe: 

O 28 de setembro vai ter lugar na sala de conferencias do ILG o encontro LingüisticaMente II: diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística, organizado polos grupos de investigación da USC Procesos Cognitivos e Conduta (PCC) e Filoloxía e Lingüística Galega (FILGA).

Programa

11:30 h - "Cando “a cólera” non é “o cólera”, pero “a árbore”é “el árbol”: estudos sobre o procesamento do xénero en falantes monolingües e bilingües"
Ana Rita Sá-Leite Dias (Investigadora posdoutoral do grupo PCC da USC)

12:30 h - "Mestura e integración de linguas: gramática, sociedade e cognición"
María Carmen Parafita Couto (Investigadora María Zambrano do Language Variation and Textual Categorization Group. Universidade de Vigo. Leiden University Center for Linguistics)