Manuel González, novo académico correspondente de Euskaltzaindia

Data: 
Monday, November 29, 2021 - 16:30
Imaxe: 

O investigador do ILG Manuel González González foi elixido académico correspondente da Real Academia da Lingua Vasca na sesión celebrada o pasado 26 de novembro. É o primeiro galego en formar parte de Euskaltzaindia, ao igual que cando se incorporou ao Institut d'Estudis Catalans en 2009.