Novo manual para as aulas de Lingua Galega e Literatura

Data: 
Friday, October 11, 2024 - 17:45
Imaxe: 

Encóntrase dispoñible en liña o documento de traballo Recursos e novas metodoloxías para as aulas de Lingua Galega e Literatura, coordinado polas investigadoras do ILG María Álvarez de la Granja e Elisa Fernández Rei e polo profesor de ensino secundario Nel Vidal Barral, e editado polo Consello da Cultura Galega (CCG).

Esta publicación recolle os textos de Sofía Rama e Pilar Ponte, ambas docentes de secundaria, resultado das súas intervencións na xornada Recursos para a aprendizaxe de lingua, literatura e cultura galegas na educación secundaria. Cara a unha plataforma colaborativa, que tivo lugar en abril de 2023 no CCG e que foi organizada en colaboración co noso centro.