O ILG e a Universidade de Aveiro organizan o Coloquio Internacional de Xeoprosodia do portugués e do galego

Data: 
Friday, June 19, 2015 - 09:30
Imaxe: 

O pasado venres 19 celebrouse en Aveiro (Portugal) a última sesión do Coloquio Internacional de Xeoprosodia do portugués e do galego, un congreso internacional organizado polo ILG e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro. Esta sesión final serviu para compartir os resultados obtidos nos últimos tempos no marco da investigación internacional que se está a desenvolver sobre variación prosódica, análise contrastiva e cartografía nas diferentes linguas románicas.

No encontro participou persoal investigador do ILG, do grupo de investigación MODESTYA e da rede de investigación Tecandali, ademais de diversos expertos procedentes de universidade e centros de investigación portugueses, cataláns, franceses, brasileiros e italianos.