O ILG publica o sétimo número da revista ELG

Data: 
Thursday, July 30, 2015 - 21:00
Imaxe: 

O ILG publica un novo número da revista Estudos de lingüística galega. A publicación, que se edita desde 2009 con periodicidade anual co obxectivo de crear un espazo de análise crítica, difusión da investigación lingüística e de debate e intercambio arredor da lingua galega, inclúe neste sétimo número artigos científicos de investigadores de diversas institucións académicas de Galicia, Portugal e Brasil.

Estudos de Lingüística Galega está rexistrada e indexada, entre outras, nas seguintes bases de datos: Scopus, ERIH PLUS, CSA Linguistics and Language Behavior Abstracts, MLA (Modern Language Association), REDALYC, DOAJ, Open Access Digital Library, ISOC, ULRICH, DIALNET, CiteFactor, Cabell's Directory. Tamén está indexada en MIAR (Matriz de Información para a Análise de Revistas), onde está puntuada cun ICDS (Índice Composto de Difusión Secundaria) de 7.278. A ANEP (Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva) categorízaa comorevista A.