O 7 e 8 de outubro tivo lugar na sala de divulgación do noso centro o curso introdutorio ao sistema de composición de textos LATEX, impartido polo investigador do ILG Vítor Míguez.
News
-
Curso formativo sobre o sistema LATEX no ILG
10/07/25 -
Visita e café con Celineide dos Santos
10/07/25O martes 7 de outubro, ás 11 h, imos ter un novo encontro de Visita e café con Celineide Camões dos Santos, da Universidade Estadual de Feira de Santana, quen nos falará do proxecto que vai desenvolver durante a súa estadía no ILG.
-
Presentación do volume monográfico 'New Developments in Galician Linguistics'
09/18/25Os membros do ILG Elisa Fernández Rei e Xosé Luís Regueira presentan na Facultade de Filoloxía da USC o xoves 18 de setembro, ás 12 h, o número especial da revista en liña Languages baixo o título New Developments in Galician Linguistics.
-
A revista ELG publica un artigo sobre as ideoloxías lingüísticas da mocidade galega
09/17/25Estela Fidalgo Garra e Miguel Guisantes Alonso, membros do ILG, asinan o artigo "Reflexións da mocidade galega universitaria ante a dominación lingüística" na revista de publicación continua Estudos de Lingüística Galega. Este estudo explora as ideoloxías lingüísticas da mocidade galega fronte á crecente hexemonía do inglés.
-
Lexicography on the Road V
09/17/25O evento Lexicography on the Road V, dirixido pola investigadora do ILG María José Domínguez, continúa ao longo do mes de outubro con conferencias e obradoiros a cargo de Ángel Huete-García (Universitat Rovira i Virgili), Ana Salgado (Universidade Nova de Lisboa) e Carlos Valcárcel Riveiro (Universidade de Vigo).
-
Presentación da primeira gramática do galego para checofalantes
09/16/25O profesor Petr Čermak, da Univerzita Karlova, presenta o martes 16 a primeira gramática do galego para checofalantes, da que é autor o lingüista checo Bohumil Zavadil. O acto terá lugar na sala académica da Facultade de Filoloxía, ás 12 horas.
-
Nova versión do corpus de textos parlamentarios Parlamint con importantes melloras
09/08/25Acaba de facerse pública a versión 5.0 do corpus ParlaMint, na que o ILG e o Proxecto Nós participan coa compilación e anotación dos datos do Parlamento galego (ParlaMint-ES-GA). Esta nova versión permite a anotación automática por temas e a anotación automática dos sentimentos nas intervencións.
-
Número especial da revista Languages sobre lingüística galega
08/06/25Os membros do ILG Elisa Fernández Rei e Xosé Luís Regueira editan un número especial da revista en liña Languages, dedicada aos estudos interdisciplinarios de linguas, baixo o título New Developments in Galician Linguistics. O obxectivo deste número é presentar unha mostra representativa do estado da investigación sobre a lingüística galega.
-
Oferta de emprego no Proxecto Nós
07/25/25Está aberta unha nova oportunidade profesional no Proxecto Nós, que procura profesionais con experiencia en tecnoloxías lingüísticas e interese por contribuír ao futuro dixital da lingua galega. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 1 de agosto de 2025.
-
A diversidade dialectal do galego terá presenza no ecosistema dixital
07/22/25O Instituto da Lingua Galega, a través do Proxecto Nós, colaborou coa redacción do primeiro conxunto de preguntas dispoñibles para a recollida de fala espontánea en galego na plataforma colaborativa Common Voice.




