Primeiro artigo do novo número de "Estudos de Lingüística galega"

Data: 
Wednesday, March 23, 2022 - 11:30

Xa está dispoñible para a a súa consulta o primeiro artigo do novo número da revista de publicación continua Estudos de Lingüística Galega (ELG). Baixo o título “Fálalle castelán que é o idioma da cidade”: a importancia dos contextos no éxito ou fracaso da transmisión familiar do galego, Ana María Iglesias Álvarez e Virginia Acuña Ferreira examinan a influencia dos factores contextuais e da comunidade nos resultados de políticas lingüísticas familiares (PLF) orientadas ao mantemento interxeracional do galego.