O día 18 de outubro foi publicada a convocatoria pública 07/2022 en que se ofertan dous postos de traballo vinculados ao Proxecto Nós.
News
-   
          Convocatoria de dous contratos no Proxecto Nós10/19/22
-   
          Defensa da tese de doutoramento de José Manuel Dopazo10/13/22O colaborador do ILG José Manuel Dopazo Entenza defenderá o mércores 19 a tese de doutoramento A lingua da Illa de Ons. Análise da variación e do cambio lingüístico, dirixida por Francisco Fernández Rei e Xosé Luís Regueira. 
-   
          Xornada sobre os medios de comunicación en galego10/10/22Francisco Fernández Rei participa o día 10 na xornada Realidade e perspectivas de futuro dos medios de comunicación en galego en soporte papel, organizada polo Consello da Cultura Galega. 
-   
          Lexicography on the road II10/06/22Nos meses de outubro e novembro terá lugar na Facultade de Filoloxía da USC a segunda edición de Lexicography on the Road, organizado polo Mestrado EMLex en Lexicografía en colaboración co ILG. 
-   
          Pablo García Martínez no seminario "Memorias literarias e culturais"10/06/22Pablo García Martínez participará o vindeiro 6 de outubro no seminario de investigación Memorias literarias e culturais: perspectivas ibéricas e diálogos transatlánticos, organizado polo grupo ILLA da Universidade da Coruña. 
-   
          Manuel González galardoado nos Premios da Cultura Galega10/05/22O investigador do ILG Manuel González González foi galardoado pola súa traxectoria na modalidade de Lingua na última edición dos Premios da Cultura Galega. 
-   
          Membros do ILG no VI CODILI10/05/22Os investigadores do ILG Ricardo Pichel, Xulio Sousa e Xavier Varela participan no VI Congreso Internacional de Corpus Diacrónicos en Lenguas Iberorrománicas (CODILI), que ten lugar na Università Ca’ Foscari de Venecia. 
-   
          Convocatoria de catro contratos para traballar no ILG09/29/22O prazo de presentación de solicitudes remata o 6 de outubro. 
-   
          LingüisticaMente II: diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística09/28/22O 28 de setembro vai ter lugar na sala de conferencias do ILG o encontro LingüisticaMente II, organizado polos grupos de investigación PCC e FILGA da Universidade de Santiago de Compostela. 
-   
          Aberto o prazo de inscrición no Plan Proxecta09/26/22O ILG participa con dous programas no Plan Proxecta da Xunta de Galicia destinado aos centros de ensino. 
 
							 
							 
							 
							 
							 
                  







