Publícase o segundo número da colección Limiar

Data: 
Wednesday, December 30, 2015 - 14:45
Imaxe: 

Os xogos de palabras na prensa gratuíta en galego: De Luns a Venres é o segundo volume da colección Limiar do Instituto da Lingua Galega. O autor deste número é o escritor e xornalista Héctor Cajaraville Araújo, gañador do Premio Xerais 2015.

O estudo que Cajaraville Araújo publica na Colección Limiar parte da análise dos elementos que se empregan na prensa gratuíta para a elaboración de titulares baseados en xogos de palabras, un recurso cada vez máis frecuente neste tipo de xornais e na prensa en xeral. O obxectivo final é establecer unha clasificación ou categorización segundo a motivación que se agocha detrás de cada un destes titulares. Que mecanismos se poñen en marcha neste fenómeno comunicativo? Que importancia ten o coñecemento compartido entre emisor e receptor na comprensión exitosa dun titular creativo? Que relevancia teñen o contexto, o significante, os elementos paratextuais ou o propio sentido dos termos? A estas e outras cuestións búscase resposta nas páxinas deste traballo.