Que andamos tramando?

Data: 
Tuesday, March 5, 2019 - 11:45
Imaxe: 

"Que andamos tramando?", iniciativa de Francisco Dubert, María José Rodríguez Espiñeira, Xulio Sousa e Victoria Vázquez Rozas, pretende favorecer a colaboración entre o persoal investigador en lingüística da Facultade de Filoloxía da USC.

A actividade consiste en dúas presentacións informais nas que se comentan aspectos das súas investigacións en curso, para logo dar pé a un coloquio posterior coas persoas asistentes. Neste primeiro encontro participou o investigador Vítor Míguez, que presentou aspectos da súa tese sobre a modalidade en galego.