'Saber de Nós. O Seminario de Estudos Galegos'
Data:
Wednesday, February 19, 2025 - 16:45
Imaxe:

O investigador do Instituto da Lingua Galega Henrique Monteagudo edita xunto a Ramón Villares o volume Saber de Nós. O Seminario de Estudos Galegos, publicado en liña polo Consello da Cultura Galega.
Detrás desta obra hai vinte autores que asinan outros tantos artigos estruturados en dúas partes. A primeira recolle traballos que falan sobre o propio Seminario, entre eles un de Monteagudo, mentres que a segunda presenta unha análise sobre o Seminario en comparación coas institucións máis ou menos paralelas que xurdiron na península ibérica nas primeiras décadas do século XX.