Un traballo de Lois Atanes Barciela pecha o último número de ELG

Data: 
Monday, January 8, 2024 - 14:15
Imaxe: 

Lois Xacobe Atanes Barciela, da Universidade de Helsinqui e da Universidade de Tampere (Finlandia), pecha co artigo "O discurso referido directo no contexto do cambio de código" o número 15 da revista Estudos de Lingüística Galega. Neste traballo o autor analiza o uso de citas referidas directas en galego en discursos realizados en lingua española nas entrevistas dirixidas recollidas no corpus ESLORA. 

Este número consta ademais doutros cinco artigos da autoría de Xavier Benavides da Vila, Maria José Carvalho, Olaya Martínez Sánchez, Telmo Móia, Tânia Santos Ferreira e Graça Rio-Torto. Tamén pode lerse a recensión de Vítor Míguez sobre o libro The Syntax of Portuguese, de Mary A. Kato, Ana Maria Martins e Jairo Nunes.