News

  • O profesor Carlos Alberto Faraco impartiu unha conferencia no ILG sobre a situación lingüística do Brasil

    06/06/10

    O profesor Carlos Alberto Faraco, da Universidade Federal do Paraná, impartiu este mércores unha conferencia sobre as caras lingüísticas do Brasil, convidado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela.Faraco é especialista en lingüística aplicada, ensino de linguas e análise do discurso.

  • Simposio ILG 2009. Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea

    11/03/09

    Desde o ano 2001 o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela vén organizando simposios dedicados a temas relacionados coa investigación lingüística que son de interese para a comunidade científica. O Simposio deste ano 2009 abordará o tema Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea.

  • Simposio ILG 2008. Toponimia e cartografía

    10/28/08

    Desde o ano 2001 o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela vén organizando simposios dedicados a temas relacionados coa investigación lingüística que son de interese para a comunidade científica. O Simposio deste ano 2008 abordará o tema Toponimia e cartografía.

  • Simposio ILG 2007. Perspectivas sobre a oralidade

    10/17/07

    Este simposio, Perspectivas sobre a oralidade, pretende, por un lado, impulsar a investigación naquelas parcelas da lingüística galega que poidan estar hoxe desatendidas ou non abondo desenvoltas, e, por outro, propiciar a reflexión sobre o estado da cuestión dunha determinada materia.

  • Entrevista a Rosario Álvarez Blanco, directora do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago

    10/06/07

    "A ampliación do abano lingüístico debería ser beneficiosa para o galego"

    • Ignacio Rodríguez
  • Curso de verán. Xeografía lingüística ibérica: traballos e métodos

    07/18/07

    Este curso,  que se vai celebrar do 18 ao 20 de xullo nas facultades de Filoloxía e Filosofía organizado polo profesor Xulio Sousa, pretende achegar o mundo da xeografia lingüística ó público non especialista, especialmente ós estudantes e ós novos graduados de titulacións lingiiísticas. A intención dos organizadores é facer unha presentación dos proxectos que se están a desenvolver no ámbito ibérico e tamén mostrar o aproveitamento que se pode obter do manexo de datas dialectais e da aplicación de novos métodos e perspectivas neste campo.

Pages