News

  • Aberto o prazo de preinscrición dos cursos "Galego sen fronteiras"

    04/04/25

    O Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega organizan unha nova edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia "Galego sen fronteiras". A preinscrición desta 35.º edición encóntrase aberta e pode realizarse ata o 4 de abril a través do blog dos cursos .

  • Henrique Monteagudo, novo presidente da RAG

    04/04/25

    O pleno da Real Academia Galega, reunido na tarde de hoxe en sesión extraordinaria, apoiou a candidatura do investigador do ILG Henrique Monteagudo á presidencia. O décimo cuarto presidente da RAG estará acompañado na comisión executiva por Ana Boullón AgreloMaría López-SándezMaría Dolores Sánchez Palomino Lourenzo Fernández Prieto.

  • Presentación do 'Manual of Galician Linguistics'

    04/03/25

    O xoves 3 de abril, ás 12:30 h, vaise presentar o volume Manual of Galician Linguistics, publicado en De Gruyter, no salón de graos da Facultade de Filoloxía. No acto intervirán Ernesto González Seoane e Xulio Sousa, editores da obra, e o profesor da Facultade de Filoloxía da USC Víctor Longa Martínez.

  • Conferencia do profesor João Veloso sobre o portugués en Macau

    04/02/25

    O profesor João Veloso, da Universidade do Porto (Portugal) e xefe do Departamento de Portugués na Universidade de Macau (China), ofrecerá o mércores 2 de abril, ás 12 h, a conferencia "O português na paisagem linguística de Macau" no salón de graos da Facultade de Filoloxía (USC).

  • Ciclo de conversas coas mulleres do ILG. II Faladoiro con Alba Aguete Cajiao

    03/27/25

    No II Faladoiro contaremos con Alba Aguete Cajiao, profesora axudante doutora da Área de Filoloxía Románica da Universidade de Salamanca e colaboradora do ILG, quen nos falará do seu labor investigador e docente desde a súa perspectiva como muller.

  • Iniciación á Estatística para Lingüistas

    03/19/25

    Este curso de iniciación ás técnicas estatísticas componse dunha parte teórica e dunha parte práctica que serán impartidas respectivamente por Rosa Crujeiras, da Universidade de Santiago de Compostela, e por Alba Aguete Cajiao, da Universidade de Salamanca e colaboradora do noso centro, os días 19, 20, 24, 25 e 26 de marzo na sede do Instituto

  • Ramón Mariño e José António Souto Cabo presentan o seu novo libro

    03/13/25
    13 de marzo vai ter lugar a presentación do libro De Rui Vasques a Gregório de Lobariñas Feijó. Venturas e desventuras do Libro dos bispos de Yrea e Santiago, de Ramón Mariño e José António Souto Cabo, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela.
  • Publícase un informe sobre a situación da lingua galega segundo os datos do IGE

    03/13/25
    Henrique Monteagudo, Xaquín Loredo e Gabino S. Vázquez son os autores deste informe, publicado pola Real Academia Galega, que analiza a enquisa do Instituto Galego de Estatística de 2023 e a evolución sociolingüística de Galicia desde 1992 ata 2023.
     
     
  • Obradoiros para TFG/TFM na Facultade de Filoloxía

    02/25/25

    Os membros do ILG Iván Arias, Maite Sanmarco Bande e Xulio Sousa participan nos Obradoiros para TFG/TFM organizados pola Facultade de Filoloxía da USC e dirixidos a todo o alumnado do centro.

  • O dicionario 'Nomes galegos das aves de Galicia e España' dispoñible en liña

    02/25/25

    O novo dicionario no que colaboran os membros do ILG Manuel González González, Francisco Fernández Rei, Antón Santamarina e María Dolores Sánchez Palomino está dispoñible na páxina web da Real Academia Galega.

Pages