A cuarta edición desta actividade, que terá lugar o 5 de novembro de 2026 na Facultade de Filoloxía da USC, continúa a ter como propósito promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico. Este evento é organizado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro. O prazo de inscrición encóntrase aberto ata o 26 de outubro.
News
-
Destacado
IV Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
11/05/26 -
Destacado
Aberto o prazo de expresións de interese para a vinculación de persoal investigador ao ILG
10/28/26O ILG abre unha nova convocatoria de expresións de interese dirixida ao persoal investigador que desexe vincularse formalmente á actividade científica do centro. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 28 de outubro de 2026.
-
Destacado
María Pérez Lago gaña o Premio Ícarus 2026 polo seu traballo en tecnoloxías da fala para o galego
10/08/26A investigadora do ILG e integrante do Proxecto Nós María Pérez Lago foi galardoada co primeiro Premio Ícarus 2026 na área de Artes e Humanidades. O recoñecemento foille concedido polo seu Traballo Fin de Mestrado (TFM) titulado Avaliación de tecnoloxías de síntese de voz: un estudo de dous modelos TTS para a lingua galega, unha investigación realizada baixo a dirección do investigador do noso centro Xosé Luís Regueira.
-
Destacado
Ernesto González Seoane ingresa na RAG cunha viaxe pola historia e o futuro dos dicionarios
10/06/26O investigador do ILG Ernesto González Seoane ingresou como membro de número na Real Academia Galega nun acto que tivo lugar no Paraninfo da USC o pasado sábado 3 de outubro. O seu discurso ofreceu un completo percorrido pola historia da lexicografía e unha ambiciosa folla de ruta para a dicionarística galega.
-
O ILG coorganiza en Aveiro o 'V Congresso Internacional em Variação Linguística nas Línguas Românicas'
02/01/27O ILG participa como entidade coorganizadora do V Congresso Internacional em Variação Linguística nas Línguas Românicas xunto ao Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro (UA), institución impulsora do evento. O congreso terá lugar do 23 ao 25 de xuño de 2027 na UA e o prazo para o envío de propostas encóntrase aberto ata o 1 de febreiro de 2027.
-
Francisco Fernández Rei, galardoado co Premio Folgueira 2026
10/10/26A Xunta Directiva de Axuntar (Asociación prá Normalización del Galego de Asturias) fixo pública a concesión dos IV Premios Folgueira 2026. Este ano, o noso compañeiro Francisco Fernández Rei compartirá o galardón co investigador, e responsable da Editorial Canela, Pablo Quintana López. O acto de entrega dos galardóns terá lugar o 10 de outubro de 2026, ás 16:30 horas, na biblioteca de Vilanova de Ozcos.
-
Ana Boullón e Luz Méndez coordinan unha nova edición da 'Xornada de Onomástica Galega'
10/10/26A XI Xornada de Onomástica Galega, coordinada polos membros do ILG Ana Boullón e Luz Méndez e organizada pola RAG, abordará o impacto que a acción humana e a transformación do territorio teñen sobre os nomes de lugar. O encontro terá lugar o sábado 10 de outubro no salón de actos do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a partir das 10:00 horas. -
O investigador do ILG Xulio Sousa analiza o contacto léxico no noroeste ibérico no V SIALNI
10/08/26O investigador do ILG Xulio Sousa participará no V Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos del Noroeste Ibérico (SIALNI5) co relatorio "Contacto y continuidad léxica en el noroeste ibérico: el dominio gallego y asturleonés a través del ALPI". O encontro académico desenvolverase os días 8 e 9 de outubro de 2026 na Universidade de León.
-
Acto de ingreso na RAG de Ernesto González Seoane
10/03/26O investigador do ILG Ernesto González Seoane ingresará como académico de número na Real Academia Galega o vindeiro sábado 3 de outubro. O acto oficial terá lugar, ás 12:00 horas, no Paraninfo da USC, espazo onde o catedrático pronunciará o discurso "Reflexións arredor da prescrición e a descrición no dicionario (académico)". Antón Santamarina será o encargado de darlle a réplica en nome da RAG.
-
Participación de membros do ILG no 'XXII Encontro de Morfólogos'
10/02/26O edificio Redeiras de Vigo acollerá os días 1 e 2 de outubro de 2026 o XXII Encontro de Morfólogos . Baixo o lema “Tecer morfoloxías: estudos contrastivos e diversidade lingüística”. Esta cita contará coa presenza dos membros do noso centro Francisco Dubert, encargado de impartir unha das conferencias plenarias, María Álvarez de la Granja e Reyes Rodríguez Rodríguez.




