News

  • Ao sabor do texto

    09/29/13

    O Instituto da Lingua Galega acaba de publicar Ao sabor do texto, unha homenaxe ó profesor Ivo Castro, da Universidade de Lisboa. O volume, editado por Rosario Álvarez, Ana Maria Martins, Henrique Monteagudo e Maria Ana Ramos, contén arredor de trinta artigos de importantes investigadores das filoloxías galega e portuguesa.

  • O galego no ALPI

    09/27/13

    Investigadores do Instituto da Lingua Galega da USC publican no último número especial da revista Dialectología catro achegas respecto do tema central deste volume monográfico correspondente ao ano 2012 que se dedica ao Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI).

  • Un banco de palabras

    09/27/13

    O Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG) é un corpus do galego moderno, lematizado e etiquetado gramaticalmente, desenvolvido no Instituto da Lingua Galega baixo a dirección de Antón Santamarina.

  • Languages of Spain in the Second Republic

    09/27/13

    O profesor Henrique Monteagudo contribúe con dous traballos nun volume sobre a historia da política lingüística española editado polo profesor José del Valle (CUNY): A Political History of Spanish. The Making of a Language (Cambrdige University press).

  • Presentación de Dia Tech

    09/27/13

    O investigador da Universidade do País Vasco Gotzon Aurrekoetxea visita nesta semana o Instituto da Lingua Galega para presentar unha ferramenta de análise de datos lingüístico desenvolvida polo grupo de investigación que el coordina. DiaTech é unha aplicación web que permite realizar análise cuantitativas de datos xeolingüísticos e que ofrece un fácil visualización dos resultados.

  • Resolución das axudas para a recollida de microtoponimia

    07/30/13

    Resolución das axudas para a recollida de microtoponimia destinadas a alumnado do curso de verán Toponimia: interpretación e actuación con diploma de asistencia

  • Axudas para a recollida de microtoponimia no curso de verán da USC Toponimia: interpretación e actuación (16-19 xullo de 2013)

    07/20/13

    As persoas matriculadas no curso de verán da USC Toponimia: interpretación e actuación que acaden o diploma poderán acceder a unha axuda económica en concepto de colaboración para realizaren tarefas de recollida de microtoponimia nos concellos de Rois, Touro e a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte (concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira). O traballo ten por obxectivo contribuír á colleita sistemática da toponimia menor (nomes de lugares non habitados, como leiras, fontes, prados, penedos, etc.) comezada polo Proxecto Toponimia de Galicia.

  • Toponimia: interpretación e actuación

    07/16/13

    Do día 16 ó 19 de xullo terá lugar na Universidade de Santiago o Curso de verán de toponimia: actuación e interpretación, organizado pola profesora Ana Boullón. Os obxectivos deste curso son dar a coñece-la historia da conformación toponímica do territorio, as implicacións da toponimia con outras disciplinas (xeografía, marco xurídico, arqueoloxía e paisaxe, antropoloxía, literatura) e incentiva-la realización de actividades de recollida toponímica e de normalización lingüística.

  • Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros 2013

    07/04/13

    O fin primordial dos Cursos será darlle ao alumnado a oportunidade de familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. Amais das clases de lingua, están programadas leccións sobre literatura, historia, xeografía, arte etc., de Galicia, así como visitas a lugares de especial interese cultural da cidade.

  • Iº Coloquio "Lingüística Histórica"

    07/01/13

    Entre o 1 e o 4 de xullo desenvolverase o I Coloquio de Lingüística Histórica, que ten por obxectivos revisar e poñer ó día os avaces nos estudos de lingüística histórica e galega, presentar as experiencias investigadoras nos ámbitos lingüísticos próximos e reflexionar sobre a importancia da actualización dos coñecementos nesta disciplina. O curso vai dirixido a estudantes e profesores.

Pages