Estudo perceptivo da variación prosódica dialectal do galego
Neste proxecto completouse a base de datos prosódicos dialectais, xa iniciada nun proxecto anterior financiado pola Dirección General de Investigación (MEC) e dirixido por Manuel González González (ref. HUM2005-08282-C02-01/FILO) e desenvolto no período 2006-2008.
Os datos recollidos e analizados permitíronnos:
- Facer accesible a través da web unha demo do Atlas Multimedia Prosódico de Galicia (AMPER-Gal).
- Realizar un estudo dialectométrico da entoación das variedades galegas e a conseguinte proposta de división dialectal.
- Levar a cabo unha serie de tests perceptivos encamiñados ao estudo da distancia prosódica percibida entre as distintas variedades do galego e entre galego e portugués.
No marco deste proxecto tamén se desenvolveu, en colaboración coa rede de investigación TecAnDaLi (financiada pola Xunta de Galicia) unha plataforma para o estudo perceptivo da variación dialectal. Esta plataforma permite a confección e realización de tests perceptivos, así como a posterior análise estatística das respostas obtidas nos devanditos tests.