Estudo perceptivo da variación prosódica dialectal do galego

Main researcher : 
Team members: 
Ana Escourido
Noelia Engroba Vidal
Lorena López López
María Pilar López Suárez
Sonia Gómez Castro
César Osorio Peláez
María José Ginzo Villamor
Descrición: 

Neste proxecto completouse a base de datos prosódicos dialectais, xa iniciada nun proxecto anterior financiado pola Dirección General de Investigación (MEC) e dirixido por Manuel González González (ref. HUM2005-08282-C02-01/FILO) e desenvolto no período 2006-2008.

Os datos recollidos e analizados permitíronnos:

  1. Facer accesible a través da web unha demo do Atlas Multimedia Prosódico de Galicia (AMPER-Gal).
  2. Realizar un estudo dialectométrico da entoación das variedades galegas e a conseguinte proposta de división dialectal.
  3. Levar a cabo unha serie de tests perceptivos encamiñados ao estudo da distancia prosódica percibida entre as distintas variedades do galego e entre galego e portugués.

No marco deste proxecto tamén se desenvolveu, en colaboración coa rede de investigación TecAnDaLi (financiada pola Xunta de Galicia) unha plataforma para o estudo perceptivo da variación dialectal. Esta plataforma permite a confección e realización de tests perceptivos, así como a posterior análise estatística das respostas obtidas nos devanditos tests.

Imaxe: 
Execution date: 
2010 to 2013
Funded by: 
MINECO