Toponimia e cartografía

Portada: 
Autor: 
Xulio C. Sousa Fernández (ed.)
ISBN: 
978-84-92923-08-3
Editoriais: 
Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega – Consello da Cultura
Páxinas: 
344
Data de publicación: 
2010
Descrición: 

Os estudos de toponimia aproveitáronse sempre das contribucións achegadas desde outras disciplinas para explicar a orixe, historia e distribución dos nomes de lugar. Coa colaboración da xeografía, a historia, a antropoloxía, a botánica, a economía e a lingüística, entre outras disciplinas, os estudos de toponimia arrequéntanse e desenvólvense constantemente. 
O obxectivo deste volume é ofrecer unha panorámica dos estudos que, desde distintas disciplinas, explotan cientificamente a conxugación da investigación toponímica e da análise cartográfica. Os autores convidados son especialistas en xeografía, historia, dialectoloxía e historia da lingua que nos seus traballos tiran rendemento da representación cartográfica dos nomes de lugar. As contribucións procuran ofrecer unha panorámica xeral dos estudos interdisciplinares de toponimia, especialmente das achegas feitas desde a xeografía, a historia e a lingüística. Por unha parte cóntase coa colaboración de investigadores do ámbito da xeografía que están a traballar ou traballaron en proxectos vinculados coa toponimia e por outra con colaboradores de proxectos e investigacións que aproveitaron a cartografía toponímica para obter resultados sobre a evolución e descrición dos sistemas lingüísticos. Os traballos pretenden tamén dar a coñecer o estado de desenvolvemento destes proxectos, a metodoloxía que se está a utilizar, os resultados que deica agora se obtiveron e as perspectivas futuras.