Visita e café con Celineide dos Santos
Data inicio:
Martes, Octubre 7, 2025 - 11:00
Poster:

Descrición:
O vindeiro martes 7 de outubro, ás 11 h, imos ter un novo encontro de Visita e café con Celineide Camões dos Santos, da Universidade Estadual de Feira de Santana (Brasil). A investigadora visitante vainos falar sobre o seu o proxecto “As denominações para doenças oculares no Brasil e na Galiza”, realizado baixo a orientación do investigador do ILG Francisco Dubert durante a súa estadía de seis meses no noso centro.