O 29 de maio terá lugar a III Xeira CLARIAH-GAL, iniciativa promovida por CLARIAH-GAL que busca favorecer o intercambio de coñecemento e a creación de redes entre investigadoras e investigadores que traballan nos ámbitos das Humanidades Dixitais e as tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais. Nestes momentos encóntrase aberto o prazo para o envío de propostas de póster ata o 17 de abril de 2026.
Novedades
-
29/05/26
!
III Xeira CLARIAH-GAL
-
06/05/26
!
Resolución definitiva da asignación de axudas para estadías no ILG
Acaba de facerse a pública a resolución definitiva de asignación de dúas axudas para a realización de estadías de investigación no Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela. As dúas persoas seleccionadas son Leticia-Tian Zhang, da Beijing Foreign Studies University, e Manuel Delicado Cantero, da Australian National University.
-
27/03/26
!
Visita do alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel
O 26 de marzo recibimos a visita de alumnado de primaria e de secundaria do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel, que puido coñecer a través das probas da nosa xincana algúns dos proxectos desenvoltos no ILG.





