Visualización dos dez nomes máis populares en Galicia (2000-2013)

Data: 
Viernes, Noviembre 21, 2014 - 13:00
Imaxe: 

O venres 21 de novembro ás 13:00 h no Seminario A tivo lugar a presentación da visualización interactiva dos dez nomes máis populares en Galicia (2000-2013).

O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou recentemente unha listaxe dos dez nomes máis frecuentes que levan os nenos e nenas nacidos en cada comunidade autónoma no ano 2013. Un equipo do ILG tratou eses datos para presentalos de xeito visual a través dunha gráfica interactiva na que se pode observar a traxectoria dos nomes máis populares nos últimos catorce anos.

Os datos revelan que o nome máis popular para os nenos é Hugo, mentres que para as nenas gusta máis Noa. Ambos os dous nomes figuraban xa no corpus dos nomes galegos, pero cunha prevalencia moi baixa: a súa preferencia engalou a partir da década de 1980 e incrementouse notablemente desde o ano 2000.

Descargas: