IV Congresso da SEEPLU

Data: 
Jueves, Noviembre 12, 2015 - 09:00
Imaxe: 

Do 11 ao 13 de novembro celebrouse en Cáceres o IV Congresso da Sociedad Extremeña de Estudios Portugueses y de la Lusofonía (SEEPLU): Cartografias do português. Literatura, lingua, cultura e didática nos espaços lusófonos.  

Neste encontro participou a investigadora do ILG Marta Negro Romero, que presentou un relatorio sobre o proxecto internacional Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués, coordinado polo ILG. Na súa exposición, Marta Negro Romero explicou a tipoloxía dos materiais que integran o TLPGP e centrouse nalgúns aspectos relacionados co seu tratamento, ademais de amosar o funcionamento do portal, ao que se pode acceder libremente desde 2014.