O ILG colabora na mostra Galicia Máxica

Data: 
Jueves, Noviembre 26, 2015 - 19:30
Imaxe: 

O xoves 26 de novembro ás 19:30 horas inaugurouse no Museo do Pobo Galego a exposición "Galicia Máxica. Reportaxe dun mundo desaparecido. Gustav Henningsen. Fotografías etnográficas 1965-1968”. Esta exposición realízase coa colaboración do Instituto da Lingua Galega, a través do proxecto Transcrición dos textos orais do arquivo etnográfico do profesor Gustav Henningsen, dirixido polo investigador Xulio Sousa.

A exposición, centrada en imaxes de hai cincuenta anos, testemuña a evolución e o cambio social que experimentaron as comarcas do interior de Galicia. "Galicia Máxica. Reportaxe dun mundo desaparecido. Gustav Henningsen. Fotografías etnográficas 1965-1968” pode visitarse no Museo do Pobo Galego ata o 31 de xaneiro de 2016.