Persoal investigador do ILG, no XXVIII CILFR

Entre o 18 e o 23 de xullo desenvolveuse en Roma o XXVIII Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxia Románica, organizado pola Société de Linguistique Romane. Este congreso, o principal encontro internacional no ámbito dos estudos de filoloxía e lingüística románicas, reuniu especialistas de todo o mundo. Varios investigadores e investigadoras do ILG da USC presentaron traballos e resultados de investigación neste evento.
- 
Alba Aguete Cajiao: "A apertura das vogais pretónicas do galego: unha achega desde a fonoloxía prosódica". 
- 
Eduardo Louredo Rodríguez: "Aproximación dialectométrica ao galego falado na comarca do Ribeiro". 
- 
María Beatriz Domínguez Oroña: "Análise das construccións con ensinar e aprender. Unha aproximación á causatividade en galego". 
- 
Xulio Sousa: "Marcadores evidenciais nas linguas romances: o uso de disque e seica en galego". 
- 
Irene Santos Raña / Laura Calaza / Soraya Suárez Quintas / Xulio Sousa: "Categorización perceptiva das variedades románicas peninsulares por parte de universitarios de Galicia". 
 
							 
							 
							 
							 
							 
                  
