Presentación do libro A lingua galega no solpor medieval

Data: 
Jueves, Marzo 2, 2017 - 12:00
Imaxe: 

O xoves 2 de marzo ás 12.00 h na Biblioteca do Consello da Cultura Galega presentouse o libro A lingua galega no solpor medieval, editado polos investigadores do ILG Ramón Mariño Paz e Xavier Varela Barreiro.

No acto interviron Francisco Dubert García, secretario do ILG; Rosario Álvarez, vicepresidenta do CCG, e Xavier Varela Barreiro, editor do libro.

O volume publícase dentro da colección Ensaio&Investigación do Consello da Cultura Galega.