Conferencia do profesor Klaus Bochmann

Data: 
Miércoles, Octubre 18, 2017 - 13:00
Imaxe: 

O mércores 18 de outubro, ás 13 horas na Sala de Conferencias do Instituto da Lingua Galega, o profesor Klaus Bochmann, da Universidade de Leipzig, impartiu a conferencia "Historiografía de la lengua como historia social vivida: las biografias lingüísticas".

Klaus Bochmann (Dresde, 1939) é un sobranceiro romanista e sociolingüista alemán. Desde 1971 é profesor da Universidade de Leipzig, onde exerceu de 1978 a 1992 como titular de Lingua Romanesa, e de 1992 a 2004 como  catedrático de lingüística francesa, francófona e italiana. As súas especialidades son a lingua romanesa e o seu parente o idioma moldavo, e mais a sociolingüística das linguas romances, con atención ao estudo lingüístico dos textos políticos. Colaborou coa tradución ao alemán e a edición dos Cadernos do cárcere de Antonio Gramsci (10 vols.) e outros escritos deste autor e mais de Pirandello, Pavese ou Calvino. Promoveu a tradución ao alemán das Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas, sobre a que escribiu un extenso estudo. Dedicou varios traballos ao galego, tanto referentes aos primeiros textos en prosa dos inicios do século XIX (“Valores e funcións pragmáticas dos primeiros textos en galego procedentes da Guerra de Independencia de España”, 1992), como á posición sociolingüística do noso idioma: “En torno al problema de la normalización del gallego contemporáneo” (1983), “Problemi della ‘normalizzazione della lingua gallega” (1985); “Le Galicien, une langue doublement polynomique” (1990); “À l’Est comme à l’Ouest, où les extrêms –géographiques- se touchent: Galice et la Moldavie devant le problème de la langue” (2000).

Leva publicados 25 libros e preto de 200 artigos científicos en alemán, francés, italiano, romanés, e inglés, entre os cales:

  • Regional- und Nationalitätensprachen in Frankreich, Italien und Spanien. Leipzig 1989. (Idiomas rexionais e nacionais en Francia, Italia e España).  

  • Soziolinguistik der romanischen Sprachen. Leipzig, 1991. (Sociolingüística das linguas romances).

  • Sprachliche Individuation in mehrsprachigen Regionen Osteuropas. Band 1: Republik Moldova. Band 2: Ukraine. Leipzig, 2007, 2009. (Individualización lingüística nas rexións multilingües de Europa do Este. Volume 1:República de Moldavia. Volume 2: Ucrania).