O emprego do dicionario no ensino e na aprendizaxe da lingua galega
Os días 20, 21, 27 e 28 de setembro tivo lugar na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña o curso O emprego do dicionario no ensino e na aprendizaxe da lingua galega, organizado pola Rede de Lexicografía RELEX.
Neste encontro participou o seguinte persoal investigador do ILG:
-
Xosé Luís Regueira: "O ensino da pronuncia e da ortografía mediante o dicionario"
-
María Álvarez de la Granja: " Familias léxicas e formación de palabras. Os cambios de categoría gramatical"
-
Manuel González González: "Como se fai un dicionario (monolingüe): estrutura e criterios de elaboración"
-
Francisco Cidrás Escáneo: "Recursos lexicográficos para a aprendizaxe da morfosintaxe"
-
Alexandre Rodríguez Guerra: "A historia das palabras. Estranxeirismos e neoloxismos"