150 aniversario da Gramática gallega de Saco Arce
Data:
Viernes, Noviembre 16, 2018 - 19:15
Imaxe:
O vindeiro 22 de novembro terá lugar en Ourense unha xornada en homenaxe a Juan Antonio Saco Arce, co gallo do 150 aniversario da publicación da Gramática gallega. O acto, organizado polo Seminario de Gramática da Real Academia Galega, desenvolverase no IES Otero Pedrayo de Ourense.
Neste encontro participarán varios investigadores do ILG:
-
Antón Santamarina: "A Gramática de Saco no contexto da emerxencia destes estudos no seu tempo"
-
Ernesto González Seoane: "Descrición e prescrición na Gramática de Saco"
-
Francisco Dubert García: "A gramática na Gramática de Saco Arce"
Ligazóns: