Novo recurso de investigación: PDMapping
Data:
Martes, Octubre 27, 2020 - 09:45
Imaxe:
Xa está en rede un novo recurso para o galego coordinado por Xulio Sousa desde o Instituto da Lingua Galega. Trátase de PDMapping, unha aplicación desenvolvida para realizar investigacións de dialectoloxía perceptiva. A ferramenta, de uso libre, facilita a documentación dos datos e a súa análise. Foi desenvolvida coa colaboración de tres grupos de investigación da USC.
Ligazóns: