Obradoiro de Clara Lago Caamaño na Universidade de Zúrich
Data:
Jueves, Octubre 28, 2021 - 14:45
Imaxe:
![](https://ilg.usc.gal/sites/default/files/styles/novas_img/public/images_novas/img-20211027-wa0002.jpg?itok=y3Bt00DI)
A investigadora Clara Lago Caamaño impartirá un obradoiro en que achegará o galego e a súa situación sociolingüística ao alumnado da Universidade de Zúrich, onde está a realizar unha estadía de investigación.
Terá lugar os días 28 e 29 de outubro dentro das Xornadas galegas 2021: Galicia no RoSe.