Conferencia de Xosé Luís Regueira na Universidade do País Vasco
Data:
Miércoles, Noviembre 24, 2021 - 11:15
Imaxe:
O investigador do ILG Xosé Luís Regueira participará no XI Seminario Internacional sobre Lengua y Literatura que terá lugar na Facultade de Letras da Universidade do País Vasco (Vitoria-Gasteiz) os días 24 e 25 de novembro. Ofrecerá a charla "O Instituto da Lingua Galega: 50 anos de investigación e compromiso".
Programa
- 24 de novembro, ás 11:00 h, salón de graos: inauguración
- 24 de novembro, ás 11:15 h, salón de graos: Xosé Luís Regueira (Universidade de Santiago de Compostela), "O Instituto da Lingua Galega: 50 anos de investigación e compromiso"
- 24 de novembro, ás 13:00 h, aula 1.06: Mariana San Filippo (Universidade Nacional de Educación a Distancia), "La Shoah nella letteratura in lingua italiana: non solo Primo Levi"
- 25 de novembro, ás 9:00 h, aula 0.07: Michael Dobstadt (Technische Universität Dresden), "Literarische Texte als 'literarische' Texte. Zu ihrem sprach- und kulturreflexiven Potential im DaF-Unterricht"
- 25 de novembro, ás 13:00 h, aula 0.03 (edificio Anexo): Dmitry Gudkov (Universidade Lomonósov de Moscovo), "Semántica y funcionamiento de los conceptos lingüísticos rusos como entidades linguoculturales"