Xornadas "Legados dende a dislocación. Intervencións no presente e imaxinación do futuro nos exilios da Guerra Civil"

Data: 
Jueves, Junio 16, 2022 - 09:15
Imaxe: 

Pablo García Martínez, investigador do ILG, coordina as xornadas "Legados dende a dislocación. Intervencións no presente e imaxinación do futuro nos exilios da Guerra Civil", que organizan o Consello da Cultura Galega e o Concello de Redondela o 16 e 17 de xuño na illa de San Simón.

Estas xornadas xuntan especialistas no estudo do exilio producido pola Guerra Civil e que realizan o seu traballo dende diferentes puntos da xeografía galega, estatal e estranxeira. A través das tres mesas que fan de columna vertebral do encontro, prestaráselles atención tanto ás formas de inserción das persoas exiliadas nas sociedades de acollida mediante varias formas de militancia, coma aos legados culturais que deixaron detrás de si durante o tempo no desterro e, finalmente, aos futuros que imaxinaron dende os contextos adversos que viviron.

A inscrición é gratuíta ata completar a capacidade (100 lugares).