Defensa da tese de doutoramento de José Manuel Dopazo

Data: 
Jueves, Octubre 13, 2022 - 16:00

O colaborador do ILG José Manuel Dopazo Entenza defenderá o mércores 19 a tese de doutoramento A lingua da Illa de Ons. Análise da variación e do cambio lingüístico, dirixida por Francisco Fernández Rei e Xosé Luís Regueira. O acto terá lugar ás 12:30 h no salón de graos da Facultade de Filoloxía.

O tribunal está conformado por Xosé Henrique Costas (Universidade de Vigo), Pilar García Mouton (CSIC) e Manuel González González (Universidade de Santiago de Compostela).