Ampliación do prazo de inscrición do SIALNI 4

Data: 
Viernes, Septiembre 20, 2024 - 23:45
Imaxe: 

O prazo de inscrición para asistir ao IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico foi ampliado ata o 20 de setembro. A inscrición debe realizarse a través do formulario habilitado para tal fin e o pagamento ten que efectuarse con tarxeta a través da pasarela de pago da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Esta cuarta edición, que vai ter lugar o 3 e 4 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC, pretende seguir o espírito das tres anteriores edicións, que tiveron lugar nas Universidades de Xénova (2021), Oviedo (2022) e Salamanca (2023), e aspira a converterse nun lugar de encontro de referencia para os académicos dedicados á investigación da realidade lingüística do noroeste ibérico.

.