IX Xornada de Onomástica Galega
![](https://ilg.usc.gal/sites/default/files/styles/novas_img/public/images_novas/2024.08.06_01_01.jpg?itok=ARK4m9NX)
Ana Boullón e Luz Méndez, membros do noso centro, coordinan un ano máis a Xornada de Onomástica Galega que organiza a Real Academia Galega. Baixo o título Os outros nomes, o encontro terá lugar o 19 de outubro no Museo de Pontevedra e nel participan as investigadoras do ILG Elisa Fernández Rei, Carmen Magariños e Adina Vladu xunto a Noelia García, que falarán sobre as intelixencias artificiais e o xeito de nomealas; e a colaboradora do Instituto Noemi Basanta, que se centrará nas denominacións dos grupos de pandeireteiras en Galicia.
Para asistir é necesario formalizar a inscrición enviando un correo electrónico antes do 16 de outubro a publicacions@academia.gal en que figuren os seguintes datos: nome, apelidos, DNI e teléfono.