O dicionario 'Nomes galegos das aves de Galicia e España' dispoñible en liña

Data: 
Martes, Febrero 25, 2025 - 13:45
Imaxe: 
O novo dicionario Nomes galegos das aves de Galicia e de España, coordinado polo investigador do ILG Manuel González González e do que tamén é autor xunto aos membros do Instituto Francisco Fernández Rei, Antón Santamarina e María Dolores Sánchez Palomino, pode consultarse en liña na páxina da Real Academia Galega.
 
Esta proposta unificada das denominacións terminolóxicas das aves en galego ten a intención de servir de instrumento para todo tipo de comunicación especializada no ámbito da ornitoloxía, sexa na realización de artigos científicos, libros, paneis, materiais divulgativos ou na de actividades de educación ambiental en lingua galega.