Conferencia de Eva María Domínguez Noya sobre o CORGA

Data: 
Miércoles, Octubre 15, 2025 - 17:30
Imaxe: 

A investigadora do ILG Eva María Domínguez Noya vai ofrecer a conferencia "Aproximación á anotación automática do CORGA: o sistema XIADA" no marco da materia Lingüística de corpus do Máster Interuniversitario en Lingüística Aplicada. O evento, dirixido ao alumnado do MILA e ao público en xeral, terá lugar o día 15 de outubro, de 17:30 a 19 horas, na aula C10 da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

XIADA é un etiquetador de tipo estatístico-probabilístico que se aplica aos documentos que conforman o Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), corpus considerado representativo da lingua galega actual, cuxas características lingüísticas constatan as dificultades de traballar con lingua real. Coa etiquetaxe permítese dar un salto cualitativo no sistema de consultas, de xeito que se facilita a recuperación de información a través dunha aplicación web.