Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de vinculación ao ILG

Data: 
Jueves, Octubre 29, 2026 - 15:45
Imaxe: 

Acaba de facerse pública na Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela a relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ao chamamento para a vinculación de novo persoal ao Instituto da Lingua Galega, aberto o pasado 28 de setembro de 2026.

As persoas aspirantes disporán dun prazo de tres días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación das listaxes, para emendar os erros ou as omisións que detecten nelas mediante o envío dun correo electrónico ao enderezo ilgsec@usc.gal. Transcorrido ese prazo sen que se emenden os erros ou as omisións, a listaxe converterase en definitiva.

Listaxe provisional de solicitudes admitidas

  • Noemi Basanta Llanes
  • María del Mar Fernández Vázquez
  • Débora González Martínez
  • Víctor Manuel Longa Martínez
  • Juan José López Rivera
  • Iolanda Ogando González
  • María del Carmen Parafita Couto
  • Montserrat Pena Presas

Listaxe provisional de solicitudes excluídas

  • Marcus Vinícius Pereira das Dores*
  • Sweder dos Santos Louzada de Souza*

* Causa da exclusión: non formar parte dos colectivos ao que está dirixida a convocatoria de vinculación.