Ao sabor do texto

Data: 
Domingo, Septiembre 29, 2013 - 01:00
Imaxe: 

O Instituto da Lingua Galega acaba de publicar Ao sabor do texto, unha homenaxe ó profesor Ivo Castro, da Universidade de Lisboa. O volume, editado por Rosario Álvarez, Ana Maria Martins, Henrique Monteagudo e Maria Ana Ramos, contén arredor de trinta artigos de importantes investigadores das filoloxías galega e portuguesa. Os contributos céntranse en tres liñas: historia da lingua, gramática diacrónica e edición de textos, referidas tanto a galego como a portugués, cun límite temporal na fin do século XVIII.