Antón Santamarina recibe este mércores o Premio Luís Porteiro Garea
Data:
Miércoles, Septiembre 16, 2026 - 12:00
Imaxe:

O lingüista Antón Santamarina recibirá o Premio Luís Porteiro Garea o vindeiro mércores 16 de setembro.
O acto institucional terá lugar no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia
da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ás 12:00 horas
.
Este galardón, convocado anualmente pola USC, ten como obxectivo distinguir a iniciativa, o traballo ou a traxectoria daquelas persoas, entidades ou colectivos que contribuíron de xeito decisivo á normalización da lingua galega no ámbito universitario.
Nesta edición, o xurado salientou de Santamarina o feito de ser "unha das figuras máis destacadas da lingüística galega contemporánea, que xogou un papel esencial no coñecemento do estado da lingua galega e das súas variantes, e tamén no establecemento da súa forma culta actual".
Debido á capacidade limitada da sala, as persoas interesadas en asistir como público deberán confirmar a súa asistencia previamente. O prazo para facelo remata o luns 14 de setembro ás 14:00 horas, e requírese enviar un correo electrónico co s seus datos a reitora.secretaria@usc.gal.





