Onte presentouse o novo recurso do ILG de acceso aberto Portal da cultura impresa en lingua galega, dirixido polo investigador do Instituto Pablo García Martínez.
Novedades
-   
          Portal da cultura impresa en lingua galega15/11/23
-   
          Nova publicación do ILG14/11/23As investigadoras do ILG María Álvarez de la Granja e Marta Negro Romero son as editoras do volume Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, que viu a luz recentemente na colección ensaio & investigación do Consello da Cultura Galega. 
-   
          Ciencia aberta e humanidades dixitais14/11/23Esta actividade de formación pretende conectar o público asistente, e particularmente o alumnado da Escola de Doutoramento Internacional da USC, co estado das humanidades dixitais e, dun xeito máis amplo, co estado da produción científica en acceso aberto. 
-   
          Pablo García obtén unha axuda Ramón y Cajal13/11/23O investigador do ILG Pablo García Martínez acaba de obter unha axuda Ramón y Cajal da Axencia Estatal de Investigación na convocatoria de 2022. 
-   
          ELG en Dialnet Métricas02/11/23Na última actualización do Índice Dialnet de Revistas (2022) a revista do ILG Estudos de Lingüística Galega figura no cuartil 1 no ámbito Filoloxías e no cuartil 2 en Lingüística. 
-   
          "Visita e café" con Luke Bishop30/10/23O luns 30 de outubro, Luke Bishop, da Universidade de Texas (Austin, EE.UU.), conversará na quinta "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar no ILG ao longo do seu ano de estadía. 
-   
          Dolores Vilavedra, representante do ILG no Consello da Cultura Galega27/10/23Tras acordo do Consello Científico celebrado no Instituto o 10 de outubro, Dolores Vilavedra é a nova representante da nosa institución no Pleno do Consello da Cultura Galega en substitución de Elisa Fernández Rei, actual directora do centro. Vilavedra tomou posesión o 25 de outubro na sesión celebrada na sede do Consello e presidida por Rosario Álvarez. 
-   
          Membros do ILG no "V Simpósio Profletras" da USP27/10/23María Álvarez de la Granja, Noemi Basanta Llanes e Marta Negro Romero participaron o 26 de outubro como relatoras convidadas no V Simpósio Profletras / II Seminário Internacional Profletras USP, organizado pola Universidade de São Paulo. As tres investigadoras do ILG integraron unha mesa redonda sobre o programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, promovido polo Instituto dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia. 
-   
          A práctica do piropo nos novos tempos26/10/23Que é un piropo? Seguimos a interpretalo como unha mostra de cortesía? Para tratar estas cuestións, o día 26 de outubro o ILG organiza unha xornada conformada por un obradoiro de Ana Mancera Rueda (Universidade de Sevilla) e unha conferencia de María Lameiras (Universidade de Vigo). A inscrición está aberta ata o 20 de outubro. 
-   
          "Visita e café" con Juan Manuel Fustes Nario23/10/23O luns 23 Juan Manuel Fustes Nario, da Universidade da República (Montevideo), conversará na cuarta sesión de "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar durante a súa estadía no ILG. Farias dedicouse durante máis dunha década ao ensino da lingua italiana no nivel secundario e desde o ano 2006 integrou grupos e liñas de investigación relacionadas co ensino e a aprendizaxe de linguas. 
 
							 
							 
							 
							 
							 
                  










