Dicionario italiano-galego de falsos amigos
substantivo
empregado, empregada
substantivo
O 'dipendente' (it.) é o traballador subalterno dunha empresa.
Iniziò la sua carriera come dipendente di un'impresa vinicola.
Comezou a súa carreira como empregado dunha empresa vinícola.
Corpus PAISÀ
adxectivo
dependente
adxectivo
L'Albania divenne meno dipendente da aiuti alimentari esterni.
Albania volveuse menos dependente das axudas alimentarias externas.
Corpus PAISÀ
adxectivo
subordinado, subordinada
adxectivo
Gram.
L'esercizio richiede identificare le costruzioni dipendenti della proposizione.
O exercicio require identificar as construcións subordinadas da oración.
creado ad hoc
Falso amigo parcial. Vid. DEPENDENTE
María Teresa Sanmarco Bande (dir.), Marilena Ceccarelli, María Fuciños, Barbara Galeandro, Silvana Lameiro, Claudia Seivane, Gonzalo Valiñas, Ana Vázquez.. 2026. Dicionario italiano-galego de falsos amigos. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 31/08/2026 ás 07:27].
Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Inicia sesión para deixar un comentario.