Imaxe do dicionario
María Teresa Sanmarco Bande (dir.), Marilena Ceccarelli, María Fuciños, Barbara Galeandro, Silvana Lameiro, Claudia Seivane, Gonzalo Valiñas, Ana Vázquez.

Dicionario italiano-galego de falsos amigos

Este dicionario recolle e describe os falsos amigos entre o italiano e o galego: unidades léxicas que presentan semellanza formal entre as dúas linguas pero que diverxen no significado, no uso, nas restricións combinatorias ou nas connotacións. Para cada entrada ofrécense os equivalentes correctos, exemplos case sempre extraídos de corpus reais e, cando é pertinente, observacións de carácter pragm...
Ver descrición
disturbo

Creado por Gonzalo Valiñas Baños o 30/07/2026 ás 15:28.

1.
Categoría gramatical

substantivo masculino

Equivalente

molestia

Categoría gramatical do equivalente

substantivo feminino

Exemplo en italiano

Abbassiamo il volume della musica, perché non vogliamo causare disturbo.

Tradución ao galego

Baixamos o volume da música, porque non queremos causar molestia.

Fonte do exemplo

creado ad hoc

2.
Categoría gramatical

substantivo masculino

Equivalente

trastorno

Categoría gramatical do equivalente

substantivo masculino

Exemplo en italiano

Il disturbo bipolare è una malattia che provoca cambiamenti di umore estremi. Aveva sofferto di un disturbo cardiaco per parecchi anni.

Tradución ao galego

O trastorno bipolar é unha enfermidade que provoca cambios de humor extremos. Padecera un trastorno cardíaco por algúns anos.

Fonte do exemplo

Corpus PAISÀ

3.
Categoría gramatical

substantivo masculino

Equivalente

perturbación

Categoría gramatical do equivalente

substantivo feminino

Exemplo en italiano

Un disturbo nella rete elettrica ha provocato un blackout nella città. L'aumento delle piogge estive viene causato da un disturbo del clima.

Tradución ao galego

Unha perturbación na rede eléctrica provocou un apagón na cidade. O aumento das choivas estivas está provocado por unha perturbación do clima.

Fonte do exemplo

creado ad hoc

Observación

Falso amigo. Vid. DISTURBIO

María Teresa Sanmarco Bande (dir.), Marilena Ceccarelli, María Fuciños, Barbara Galeandro, Silvana Lameiro, Claudia Seivane, Gonzalo Valiñas, Ana Vázquez.. 2026. Dicionario italiano-galego de falsos amigos. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 31/08/2026 ás 07:27].

Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios