Imaxe do dicionario
María Teresa Sanmarco Bande (dir.), Marilena Ceccarelli, María Fuciños, Barbara Galeandro, Silvana Lameiro, Claudia Seivane, Gonzalo Valiñas, Ana Vázquez.

Dicionario italiano-galego de falsos amigos

Este dicionario recolle e describe os falsos amigos entre o italiano e o galego: unidades léxicas que presentan semellanza formal entre as dúas linguas pero que diverxen no significado, no uso, nas restricións combinatorias ou nas connotacións. Para cada entrada ofrécense os equivalentes correctos, exemplos case sempre extraídos de corpus reais e, cando é pertinente, observacións de carácter pragm...
Ver descrición
falda

Creado por Gonzalo Valiñas Baños o 29/07/2026 ás 11:12.

1.
Categoría gramatical

substantivo feminino

Equivalente

capa

Categoría gramatical do equivalente

substantivo feminino

Exemplo en italiano

Il limite più basso della falda freatica è costituito dalla base impermeabile.

Tradución ao galego

O límite máis baixo da capa freática está constituído pola base impermeable.

Fonte do exemplo

Corpus PAISÀ

2.
Categoría gramatical

substantivo feminino

Equivalente

faldra

Categoría gramatical do equivalente

substantivo feminino

Exemplo en italiano

Ho portato il vestito nero al sarto per aggiustare la falda.

Tradución ao galego

Levei o vestido negro ao sastre para axustar a faldra.

Fonte do exemplo

creado ad hoc

3.
Categoría gramatical

substantivo feminino

Equivalente

faldra

Categoría gramatical do equivalente

substantivo feminino

Exemplo en italiano

Cunevo ha le sue case sparse sulla falda del monte.

Tradución ao galego

Cunevo ten as súas casas espalladas pola faldra do monte.

Fonte do exemplo

Corpus PAISÀ

Observación

Falso amigo parcial. Vid. FALDRA

María Teresa Sanmarco Bande (dir.), Marilena Ceccarelli, María Fuciños, Barbara Galeandro, Silvana Lameiro, Claudia Seivane, Gonzalo Valiñas, Ana Vázquez.. 2026. Dicionario italiano-galego de falsos amigos. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 31/08/2026 ás 07:27].

Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios