Instituto da Lingua Galega-Universidade de Santiago de Compostela
Camisas de once balas. Dicionario de etimoloxías populares
Este dicionario, aberto a toda a cidadanía, recolle exemplos de palabras galegas que modifican a súa forma ou o seu significado para parecer máis lóxicas ou máis transparentes (de modo que a relación entre o significante e o significado resulte máis motivada), ou ben para aproximarse a outras formas xa coñecidas polas/os falantes. Se coñeces algún exemplo de etimoloxía popular e queres compartila,...
Ver descrición
Significado
Meterse innecesariamente nun asunto que pode resultar prexudicial
Forma orixinal
meterse en camisas de once varas
Motivación do cambio
Probablemente as balas se vinculen máis doadamente co perigo e os prexuízos ca as varas
Instituto da Lingua Galega-Universidade de Santiago de Compostela. 2025. Camisas de once balas. Dicionario de etimoloxías populares. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 12/01/2026 ás 09:20].
Inicia sesión para deixar un comentario.
Comentarios