CPI Poeta Uxío Novoneyra / Fernández Moscoso, Iria (coord.)
Palabra no tempo. Dicionario de léxico patrimonial do Courel
Dicionario de léxico patrimonial do Courel recollido polo alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra no curso 2025/2026.
Este traballo está dentro do programa 'Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional', coordinado polo ILG en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que integra o Plan Proxecta+ . Ademais recibiu o premio de innovación educativa en dinamización lingüística da Xunta...
Ver descrición
1.
Categoría gramatical
Substantivo masculino
Definición
Castaña que tira o aire antes de madurar.
Exemplo
Onte o aire tirou moito brugacio.
Lugar
Seoane
Concello
Folgoso do Courel
2.
Categoría gramatical
Substantivo masculino
Definición
Castaña verde que é a máis pequena do ourizo.
Exemplo
Non apañes os brugacios.
Lugar
A Pendella
Concello
Folgoso do Courel
CPI Poeta Uxío Novoneyra / Fernández Moscoso, Iria (coord.). 2026. Palabra no tempo. Dicionario de léxico patrimonial do Courel. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 04/07/2026 ás 17:28].
Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Inicia sesión para deixar un comentario.
Comentarios