Imaxe do dicionario
CPI Poeta Uxío Novoneyra / Fernández Moscoso, Iria (coord.)

Palabra no tempo. Dicionario de léxico patrimonial do Courel

Dicionario de léxico patrimonial do Courel recollido polo alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra no curso 2025/2026. Este traballo está dentro do programa 'Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional', coordinado polo ILG en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que integra o Plan Proxecta+ . Ademais recibiu o premio de innovación educativa en dinamización lingüística da Xunta...
Ver descrición
chicho

Creado por Clara o 16/06/2026 ás 20:37.

1.
Categoría gramatical

Substantivo masculino

Definición

Touciño de porco.

Exemplo

Ponlle máis chicho ao caldo.

Lugar

Romeor

Concello

Folgoso do Courel

Sinónimo

toucín

2.
Categoría gramatical

Substantivo masculino

Definición

Porción de calquera carne.

Exemplo

- Queres máis polo? -Veña, pero bota un chicho pequeno.

Lugar

Mercurín

Concello

Folgoso do Courel

CPI Poeta Uxío Novoneyra / Fernández Moscoso, Iria (coord.). 2026. Palabra no tempo. Dicionario de léxico patrimonial do Courel. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 05/07/2026 ás 22:11].

Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios